sábado, 2 de abril de 2011
Programa de lecer e benestar
A Xunta de Galicia convoca unha nova edición do Programa de Lecer e Benestar. Poden acollerse a este programa aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos: - Ser maior de 65 anos, ou pensionista maior de 60. - Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria - Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa nin trastornos mentais ou conductuais que poidan alterar a convivencia - Ter presentado a solicitude dentro do plazo establecido. O Programa inclue varias modalidades: 1.- Balnearios con todo incluído (estadías de 12 días con aloxamento e manutención, tratamento termal e animación sociocultural) 2.- Balnearios, con só 10 sesións de tratamento termal 3.- Turismo de praia, que consiste nunha estadía de 8 días na residencia de Tempo Libre de Panxón ( Nigrán). 4.- Turismo de intercambio, que consiste nunha estadía de 8 días en Portugal As persoas interesadas en tramitar a súa solicitude deben persoarse no Departamento de Servizos Sociais do concello antes do 15 de abril.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario